Alejandro de Dios Benito · Desarrollo web a medida

fronteiras.gal

Da raia galego-portuguesa a outras fronteiras do mundo

Xeración de coñecemento sobre as fronteiras

Ponse á disposición do público o coñecemento xerado ao longo das últimas dúas décadas sobre a raia galego-portuguesa e, desde ela, sobre outras moitas realidades fronteirizas do redor do mundo, por parte dunha equipa de investigación interdisciplinaria en Estudos fronteirizos (Border Studies) baseada na Universidade de Santiago de Compostela. Co gallo do proxecto TRANSINTER-A (2022-2025), actualizamos e sistematizamos as investigacións en marcha e a nosa intensa traxectoria nesta materia, que inclúe non só investigación básica sobre as fronteiras que conduciu a unha nómina dilatada de publicacións senón tamén as aplicacións prácticas e a transferencia de coñecemento desenvolvidas.

Fronteiras na lupa

Preséntanse e localízanse as realidades fronteirizas analizadas, desde as iniciais na raia galego-portuguesa até as actuais que teñen un alcance mundial, sen renunciar ao contexto fronteirizo principal.

Proxectos

Sistematízanse os proxectos formalizados como tales a través dos cales vehiculamos boa parte das nosas investigacións en materia fronteiriza, incluíndo TRANSINTER-A, cun foco eminentemente temático.

Equipa

Confórmase sobre todo por membros da Universidade de Santiago de Compostela, mais tamén doutras institucións universitarias, nomeadamente de Galiza e de Portugal.

Publicacións

Lístanse cronoloxicamente todas as publicacións de temática fronteiriza desenvolvidas pola equipa, con remisións aos orixinais sempre que iso é posíbel.